Cando do que se trata é de cobrar, non hai inimigos en política; non hai partidos de esquerda, nin de dereita nin de centro; e senón que llelo digan ós concelleiros que representan o pobo de Cambre. Tan só no mes de decembro pasado, o Concello de Cambre aboou ós concelleiros das distintas formacións políticas que nos deberían representar, en conceto -Pepe Blanco dixit- de asistencias ós plenos, máis de 6.00 euros. Así si que vale a pena "currar" polo pobo!
En fin, que como España está chea de taifas que varren para onde varren, supoñemos que unha máis ou menos tampouco se vai notar moito. Aínda que gastar máis de 1 millón de pesetas tan só nun mes, en asistencias a plenos... tamén ten tela!
Como era aquelo que din sempre... ah, xa me acordo: "trabajamos para el pueblo". Pois si, xa se ve, xa.
Déixovos o link onde ata o publican:
Ver infome
[+]info:
http://cambrexoven.com