If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Ciclo Aberto Solidario Concello de Cambre

Ciclo Aberto Solidario,Deixo,Programacion CAS,Datas  Actividades   Outubro,Noites,SaHARA   Novembro,Comercio Xusto,Xaneiro,Coñecendo PALESTINA   Febreiro,NICARAGUA,Solidariedade Galega   Marzo,Alhoceima,MARROCOS,SENEGAL   Abril,Fondo Galego,Cooperacion,Solidariedade   Maio,Clausura,ONGDs,DESERTO,Tratase,ONGD Solidariedade Internacional,Galicia,Vacacions Solidarias,Hamada Alxerina,Igrexa,Barcala,Sesion,Presentacion,Deserto,Introducion,Proxeccion,Saharauis,Direccion,Toni Navarro,Duracion,Grabado Nos,Arxelia,Tifaritti,Autor,Remate,Carcade,Tomase,Herdeiras,Realizacion,Ariadna Relea,Tinduf,Tebraa,Retratos,Mulleres Saharauis,andaluzasDuracion,minutosAno,Contado,Chaska Mori,Marrocos,Antonio Marquez Martinez Duracion,Licenciadas,Teresa Boedo,Coñecendo Palestina,Graxal,Nicaragua,Senegal,Concello,Cubarauis,Cambre pon en marcha o Ciclo Aberto Solidario, unha magnífica iniciativa destinada a temática relacionada coa solidariedade. "Será como unha fiestra desde a que ollar o mundo que nos rodea e coñecer as súas diferentes realidades sociais. A metodoloxía do ciclo comprenderá conferencias, exposicións, mesas redondas, vídeo forum, visionado de películas e documentais, debates,..., e a programación será mensual desde o mes de outubro de 2009 até o mes de maio de 2010".
Deixo o programa copiado do boletín municipal Programación CAS 2009 – 2010:

 

Datas

Actividades

Outubro e novembro de 2009

“Noites desde o deserto” – SÁHARA

Novembro 2009

“Comercio Xusto”

Xaneiro e febreiro de 2010

Coñecendo PALESTINA

Febreiro de 2010

NICARAGUA – proxecto sanitario por Solidariedade Galega

Marzo de 2010

Alhoceima – MARROCOS – microcréditos e escolarización por CAMPOS / SENEGAL

Abril de 2010

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Maio de 2010

Clausura do CAS coa montaxe dunha xornada de entidades e ONGDs no Campo da Feira de Cambre

 

O programa arranca no mes de outubro coa actividade “NOITES DESDE O DESERTO”. Trátase dun festival intercultural de Cine do Sáhara e dunha exposición dedicada aos campamentos feita pola ONGD Solidariedade Internacional.

 

Con esta proposta, pretendemos achegar a situación que está a vivir o pobo saharauí a toda a poboación do concello.

 

A exposición, consta dunha serie de imaxes, tomadas polas persoas voluntarias de Solidariedade Internacional de Galicia, durante a súa viaxe aos campamentos de refuxiados saharauís, dentro do marco do programa “Vacacións Solidarias”. O obxectivo da exposición é o de dar a coñecer a

 

 

 

 

 

 

 

situación dos  miles de refuxiados/as que levan máis de 30 anos vivindo na Hamada Alxerina.

 

A exposición estará nunha Haima situada na Praza da Igrexa coincidindo coa Feira do domingo 18 de outubro e coa Feira do domingo 15 de novembro de 2009. Durante a exposición repartiranse flyers anunciando os días de visionado das películas do Sahara no centro sociocultural da Barcala.

 

As sesións de cine perseguen o mesmo obxectivo que a exposición. As proxeccións terán lugar no centro sociocultural da Barcala nas seguintes datas:

 

1ª Sesión mércores 21 de outubro de 2009 ás 20:00 horas

 

Presentación do programa de Ciclo Aberto Solidario (CAS) e das Noites no Deserto.

Introdución ao problema saharauí por membros da ONGD Solidariedade Internacional. Proxección dos documentais :

 

“Saharauís, a mirada do deserto”  

Dirección: Toni Navarro.

Duración: 40 minutos

Ano: 2009

 

Grabado Nos campamentos de refuxiados saharauís de Arxelia  e Tifaritti (territorio liberado). O Autor, nas súas múltiples entrevistas, afonda na realidade deste pobo que  foi condenado o silencio do exilio. É un documento directo e conciso que da oportunidade de expresarse aos refuxiados, así como a diferentes persoas implicadas no conflito.

 

Remate coa degustación de Carcadé: É  unha planta florida de cor púrpura que medra nas zonas tropicais e subtropicais de África, América e Asia, onde se considera unha bebida social. Tomase como infusión quente ou en frío.

 

 

2ª Sesión: mércores 28 de outubro ás 20:00 horas

 

Presentación dos filmes e proxección:

 

“Herdeiras”  

Realización: Ariadna Relea.

Duración: 55 minutos

Ano: 2009

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Neste documental,  amósase o  presente  e o  futuro das mulleres saharauís que viven dentro e  fora dos campamentos de refuxiados de Tinduf.

Un futuro incerto, a realidade de centos de rapaces e rapazas saharauís.

Un pobo pacifico e marabilloso, que soña e alza a voz  pola súa terra dende o deserto e o abandono internacional.

 

Remate coa celebración da cerimonia do Té.

 

 

3ª Sesión xoves 05 de novembro ás 20:00 horas

 

Presentación dos filmes e proxección:

 

“Tebraa. Retratos de Mulleres Saharauís”  

Realización: 14 mulleres andaluzas

Duración: 70 minutosAno: 2008 Estamos ante un documental onde se narran as vidas de once mulleres saharauís e da súa loita diaria pola supervivencia e por non perder a súa propia identidade. Contado por Chaska Mori, Tebraa constitúe un proxecto colectivo e solidario, destas cineastas. A Tebraa é o  canto das mulleres do deserto do Sahara. Son cantos de amor ou de lamento que entoan cando están soas. Son historias de mulleres a quenes lles foi negado o dereito a  terra e que, dende os campos de refuxiados aos territorios ocupados por Marrocos, cantan por retornar algún día o país que lles foi arrebatado en 1975. Como un puzzle, o documental vai presentando pezas breves, de arredor de cinco minutos, nos que rostros e historias nos van revelando o destino colectivo dun pobo condenado o peor dos exilios: familias separadas, vidas clandestinas, xente que deambula nun lugar onde o tempo parece detido e no  que todo é difícil. Y a pesar diso, ou quizais por iso, posúen unha  inusitada forza e unha resistencia diaria contra a disolución.

Remate coa elaboración de obradoiros de tatuaxes de henna a todos/as os/as participantes.

 

4ª Sesión xoves 05 de novembro ás 20:00 horas

 

Presentación dos filmes e proxección:

 

“As mulleres cubarauís”

 

Dirección: Antonio Márquez Martínez Duración: 50 minutos

Ano: 2005

 

As Cubarauís, son mulleres saharauís que abandonan os campamentos en plena adolescencia para estudar e licenciarse en Cuba.

No campo de  refuxiados onde viven os saharauís dende fai máis de 30 anos existen becas para mulleres. Entre graos de area e aire do deserto é imposible estudar unha carreira, por iso saen a outros países a formarse desde nenas. ¿Un dos destinos? Cuba, de onde regresan tras 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

10 ou 20 anos volven o Licenciadas en medicina, economía, telecomunicacións...
É en definitiva, un documental sobre as mulleres que retornan para levantar un ¿país?.

 

Festa final de actividade do Sáhara, onde se servirá unha degustación de produtos de comercio xusto e charla coloquio a cargo de Teresa Boedo, técnica de cooperación de Solidariedade Internacional de Galicia.

 

 

O Ciclo Aberto Solidario de Cambre continuará durante o mes de novembro cunha xornada dedicada ao comercio xusto o xoves 26 no centro sociocultural da Barcala.

 

Xa nos meses de xaneiro e febreiro de 2010 o CAS continuará coa actividade “Coñecendo Palestina” en sesións de xoves no centro sociocultural do Graxal, para proseguir nos seguintes meses coñecendo Nicaragua, Marrocos, Senegal,..., os programas do Fondo Galego de Cooperación do que é socio o Concello de Cambre e xa no mes de maio de 2010 se organizará coa colaboración de diferentes ONGDs e institucións unha xornada dedicada á cooperación para o desenvolvemento e a solidariedade.
+ info na web municipal

[+]info:
http://cambrexoven.com

844 dias 17 horas 23 minutos 15 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.