Sábado, 30 de maio de 2009SAÍDA: Pavillón de Cambre -09,30 horas. A actividade remata ás 18,30 h RECOLLIDA DE PARTICIPANTES: Local Social de Anceis 8,50 h. - Cecebre 9,05 h. Casa Palmeiras 9,15 h Urbanización da Barcala 9,20 h. Cambre 9,30 h.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: No Concello, na OMIX. Teléfono 981.613.170 O período de inscrición é do 18 ao 22 de maio de 2009 RUTAS A ESCOLLER:
Os Tres Ríos à Cambre San Lourenzo Pazo de Brexo mosteiro de Bribes Cecebre muíño de Peiraio río Mero - Cambre
Arredor de Cambreà Cambre río Mero pazo de Cela castro de Armental Pena da Nosa Señora - Cambre DISTANCIA, DURACIÓN, DIFICULTADE E PUNTOS DE INTERESE DAS RUTAS:
Ruta Os Tres Ríos
Distancia total: Aprox. 20 km
Tempo do percorrido: Unhas 4 h e media - 5
Dificultade: Media (alta, polo ritmo a empregar)
Puntos de Interese: Pazo de Brexo, río brexa , mosteiro e igrexa de Bribes, casa de Wenceslao Fdez. Florez, fraga de Cecebre, muíño de Peiraio, Paseo do río Mero
Ruta Arredor de Cambre
Distancia total: Aprox. 10 km
Tempo do percorrido: Unhas 3 horas e media
Dificultade: Baixa
Puntos de Interese: Paseo do río Mero, pazo, igrexa e fonte de Cela, castro de Armental e a Pena da Nosa Señora EQUIPAMENTO: En ruta debemos levar, roupa cómoda e adaptada á meteoroloxía, calzado que non sexa de estrea (botas para camiñar), xersei ou forro polar, chuvasqueiro... Auga (ou mellor bebidas con sales minerais). Recoméndase levar cámara de fotos e gorra ou sombreiro. Un bastón seranos moi útil. AVISOS: Cada participante pode escoller en que ruta participará. Haberá un punto de avituallamento en cada ruta. Ao remate das rutas haberá un xantar no pavillón polideportivo de Cambre. A continuación faremos sorteos de agasallos entre os sendeiristas e remataremos cunha visita guiada á igrexa de Cambre. COTAS DE PARTICIPACIÓN:
EMPADROADO NON EMPADROADO Tarifa xeral 12,00 euros 15,00 euros Familia Numerosa, unidade familiar 6,00 euros - Carné xove, membro de AAXX 6,00 euros 9,00 euros Paro, pertenza voluntariado de Cambre 8,40 euros 11,40 euros
Fonte boletín do concello de Cambre
[+]info:
http://cambrexoven.com
