If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Programación decembro Fundación Wenceslao Fernández Flórez

Actividades DominicaisFaladoiroTe,HistoriasDomingo,Jenaro Marinhas,Villa Florentina,Entrada,Club,LecturaLendo,contemporaneosDomingo,deCesare Pavese,Entradagratuita,Pablisimo,Especial,Pecharemos,deNadal,Pablo Sancheze,LETRAS VIVAS ANIMACIoN,Xunta,Galicia,Nadal Noite,Natividad,Corramos,adorarQue,Fundacion Wenceslao Fernandez Florez Sabado,Contos Favoritos,Sesion,IMPORTANTE,Contaremos,PAPA NoEL,Venres,Concello,coaFWFF,Cuarteto,clarinetesDIVERTIMENTO,Xulio LopezValcarcel,AntonioMontero,Literatura,Tradicion Oral,Estaactividade,LETRAS VIVAS CREACIoN,deGalicia,Explorando,Biblioteca,David Meier,Fundacion WFF,Cecilia,Actividades Dominicais
Faladoiro
Té con Historias
Domingo, día 7 O faladoiro deste primeiro domingo de decembro estará dedicado a Jenaro Marinhas del Valle, dramaturgo coruñés a quen acaban de dedicarse unha serie de actos conmemorativos na cidade da Coruña. A partir das SEIS da tarde en Villa Florentina. Entrada gratuíta. Club de Lectura
Lendo con WFF e os seus contemporáneos
Domingo, día 21
Nesta ocasión, o noso Club dedicará a a sesión dominical á obra deCesare Pavese  titulada O oficio de vivir, diario do escritor que contén interesantes comentarios que han de servirnos para o debatelector.  A partir das SEIS da tarde en Villa Florentina. Entradagratuíta.
Os Contos de Pablísimo ¡Especial público infantil!
Domingo, día 28: Pecharemos este mes dedicando o último domingo deNadal ao público infantil. Será contando coa presencia de Pablo Sáncheze dos seus contos: Os contos de Pablísimo.  Ás SEIS da tarde.
Esta actividade enmárcase no programa LETRAS VIVAS ANIMACIÓN da Xunta de Galicia.
Panxoliñas de Nadal Noite de Natividad, noite de gusto e placer
porque naceu en Belén quen por nós ha de morrer.
Un rei pequeniño chamado Jesús que veo a este mundo por nos dar a luz.
Un rei pequeniño vamos a adorar
que é un rapaciño que naceu sin pai.
Chora co frío un miniño
naquel mezquiño portal
a súa nai ten xiquera un pañal.
Corramos apresa, vámosllo levar,
pra que o miniño para de chorar
e de que te xuntes vámoslle adorar
que é un rapaciño que naceu sin pai,
morreu na cruz o miniño prás nosas almas salvar.
Con prexuros pagámoslle nós tan mal,
Ó pe do madeiro vámoslle adorar
Que cando morramos El cónta terá,
Ó pé do madeiro vámoslle adorar
Que a súa dereita nonos ha faltar. Tardes de Lecer na Fundación Wenceslao Fernández Flórez Sábado 6: Lectura dramatizada a cargo dos integrantes do grupo de teatro Fas-que-fas, da FWFF. Sábado 13: A Caixa dos Contos Favoritos. Sesión dedicada ao públicoinfantil co Fas-que-fas, da FWFF. O conto: A princesa das neves.IMPORTANTE: Contaremos coa presencia de PAPA NÖEL para atender aspeticións dos interesados. Venres 19: Entre as actividades organizadas polo Concello de Cambre noseu programa de inverno De Santa Cecilia ao Nadal en colaboración coaFWFF, terá lugar un recital musical a cargo do Cuarteto de clarinetesDIVERTIMENTO. As 20.30h en Villa Florentina.   Sábado 20: Contaremos este sábado coa presencia de D. Xulio LópezValcárcel, quen será recibido polo director da FWFF, D. AntonioMontero, para falarnos da Literatura de Tradición Oral. (Estaactividade enmárcase no programa LETRAS VIVAS CREACIÓN da Xunta deGalicia.) Sábado 27: Explorando a Biblioteca de WFF con David Meier. Unha vezmáis descubriremos novos segredos na Biblioteca de Wenceslao. Todas as actividades sabatinas realizadas en Villa Florentina terán lugar a partir das SETE do serán. Entrada gratuíta.
Fonte da nova, boletín da Fundación WFF

[+]info:
http://cambrexoven.com

1162 dias 21 horas 29 minutos 8 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.