If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

II Feira do Agro-Agroabegondo en Abegondo

O Concello de Abegondo informa de que a Concellería de PromociónEconómica organiza hoxe, día 9, a II Feira do Agro- Agroabegondo FeiraAgroabegondo. A Feira Agroabegondo reúne a trinta e un profesionais eempresas relacionadas co mundo do campo e das innovacións dun sectorque segue a ter grande peso na economía de Galicia en xeral e dacomarca das Mariñas en particular. Agroabegondo abríu as súas portas estedomingo ás 10:00 horas e permanecerá aberta ao público até as 21:00horas. No campo de San Marcos danse cita empresas e profesionaisrelacionados co mundo do campo. Así, a agricultura tradicional, aagricultura ecolóxica, as enerxías renovables e as novas tecnoloxíasvan ter o seu espacio na edición de Agroabegondo deste ano. Ademáis,nesta edición por primeira vez, a Consellería do Medio Rural vaiinstalar unha carpa de 150 metros cadrados no Campo de San Marcos paraacoller os stands da Dirección Xeral de Montes, Banco de Terras, SEAGAe o CIAM - Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo-.

O programa da Feira comprende, unhaexposición de maquinaria agrícola, stands agropecuarios, stand daConsellería do Medio Rural, unha xuntanza cabalar, obradoiros e xogosinfantis e a actuación durante a feira dunha charanga. A Concellería dePromoción Económica preparou degustacións gratuítas, entre as 13:00 eas 14:00 horas os visitantes de Agroabegondo puideron degustar un menúde paella e pola tarde, entre as 18:00 horas e 19:00 horas, poderaseparticipar nun magosto.

Para os pequenos

Os máis pequenos van ter a posibilidadede participar en dous obradoiros ao longo do día. Así, a partir das12:00 horas o recinto feiral acolle un obradoiro de Pan, no que osnenos e nenas poden facer pan, desde o amasado até a conción dos bolos.Este obradoiro está organizado e desenvolto pola Asociación dePanadeiros de Carral, que xa colaborou na primeira edición deAgroabegondo. Pola tarde haberá, tamén para os pequenos, un obradoiromediambiental a partir das 17:00 horas no Campo de San Marcos.

A concelleira salientou que, o programada segunda edición de Agroabegondo ten un abano de actividades coas quese quere ofrecer ao visitante argumentos para aproveitar este fin desemana para achegarse a Abegondo e coñecer a riqueza e as oportunidadesda nosa terra. Insua destacou que, poñer en valor o potencial agrícolae forestal do municipio é unha das líneas de traballo que está adesenvolver o goberno de Abegondo, un municipio con 83,9 kilómetroscadrados e unha zona de transición entre as terras mariñás e as terrasaltas da Galicia interior.

Fonte abegondo.es

[+]info:
http://cambrexoven.com

1292 dias 8 horas 37 minutos 60 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.