Ruta LXXXI ruta Sorpresa Sábado 21 e domingo 22 de novembro de 2009 LUGAR E HORA DE SAÍDA: Local Social Anceis 07,05 Casa das Palmeiras 07,15 Colexio Portofaro 07,20 Urb. A Barcala 07,25 Cambre 07,30 Apeadeiro de Cecebre 07,35 HORA APROX. DE CHEGADA: domingo 21, sobre as 20,30 horas. TELÉFONO ACTIVIDADE: 609.510.331 (operativo durante a actividade) 685.881.395 INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:, na OMIX de Cambre. Tlf 981.613.170 (mañá e tardes) PIX da Barcala 981.654.814 (mañá e tardes) PIX do Temple 981.612.103 (só mañás) DISTANCIA E DURACIÓN DO PERCORRIDO: Ruta do Sábado: 18 km en 6h 30´; Dificultade Media Ruta do Domingo: 6+4 km en 2h + 1h 30´; Dificultades Baixas ITINERARIO e PUNTOS DE INTERESE: sorpresa CAMIÑOS: Patearemos todo tipo de camiños, pistas de montaña e corredoiras esquecidas, sendeiros soterrados por idílicas fragas, históricos camiños de pedra, e algo de asfalto. EQUIPAMENTO Como en todas as rutas de fin de semana debemos levar dúas mochilas: Unha para o hotel con roupa e calzado de reposto, útiles de aseo, medicamentos persoais
e outra preparada para rutear con comida e auga (ou mellor bebidas con sales minerais), unha pequena toalla, chuvasqueiro, polainas (farannos falta o domingo), cámara de fotos
; ademáis debemos levar o equipamento axeitado, roupa cómoda e adaptada a metereoloxía, botas de sendeirismo que non sexan de estrea (obligatorias), xersei ou forro polar, gorro, lubas, braga ou bufanda. Levade bastón. AVISOS: Levar o xantar e complementos (pan, auga...) do sábado. Durante a viaxe faremos unha parada para almorzar. COTAS DE PARTICIPACIÓN: Empadroado Non empadroado TARIFA XERAL 49,66 62,07 Carné xove, AAXX 24,83 37,24 Familia numerosa 24,83 -------- Voluntariado, paro 34,76 47,17 Informe SS 0,00 -------- IMPORTANTÍSIMO: A organización resérvase o dereito de non permitir a participación na ruta a toda aquela persoa que non leve o material axeitado para camiñar. Na OMIX, gustosamente, vos asesoraremos sobre este tema. Do boletín do concello de Cambre[+]info:
http://cambrexoven.com
