
O Concello de Cambre, a través da súa Concellería de Facenda, Comercio e Emprego convoca o VIII Concurso de Escaparates de Nadal Vive o Nadal en Cambre 2009.
Poderán participar neste concurso todos/as os/as comerciantes que desenvolvan a súa actividade no termo municipal de Cambre e que cumpran con todos os requisitos para o exercicio da actividade.
Para inscribirse no concurso, deberán entregar no Rexistro Xeral da Casa do Concello ou da Casa das Palmeiras unha solicitude de inscrición, segundo o modelo creado para tal efecto.
O prazo de inscrición rematou o 09/12/2009. Premios:
- Primeiro premio: 900 euros (novecentos euros).
- Segundo premio: 600 euros (seiscentos euros).
- Terceiro premio: 300 euros (trescentos euros).
- Accésit á orixinalidade: 300 euros (trescentos euros).
- Accésit ó Espírito de Nadal: 500 euros (cincocentos euros)
[+]info:
http://cambrexoven.com
