error

Unable to get weather data from Google.
Service is offline.

Home

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.

Top Autores

admin: 444 Articles
Antonio: 58 Articles
gelines: 50 Articles
anxo: 35 Articles
El enterrador: 15 Articles
Thor: 8 Articles
liberdade: 8 Articles
Ludisport: 1 Articles
censuras: 1 Articles
moito moito: 1 Articles

Sindicaciones

Juegos al azar

Alien Colony
Veces jugadas: 532
 
Poux
Veces jugadas: 547
 
Ping Pong
Veces jugadas: 569
 
catScratch
Veces jugadas: 254
 
Fifa World Cup
Veces jugadas: 577
 

Usuarios en linea

Tenemos 466 invitados conectado(s)
Concurso do concello para a limpeza, roza e desherbado nos camiños de Cambre.
Blogs - Concursos y oposiciones
8583 hits
Escrito por Administrator   
Jueves, 24 de Mayo de 2007 05:13
Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: Limpeza, roza e desherbado mecánico e/ou manual de gábias nos camiños propiedade do Concello de Cambre.

b) Prazo de execución: Un ano desde o día seguinte á formalización do contrato en documento administrativo.

c) 0,2694 euros por metro lineal de doble gábia, IVE incluido. 

O prezo anual fíxase na suma de 116.543,50 euros.

Se estás interesado como empresario, tes a continuación o texto íntegro.

Anuncio de concurso para adxudica-los traballos de limpeza, roza e desherbado de camiños propiedade do Concello de Cambre

1.Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cambre.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Contratación.

c) Número do expediente: 07/ 24-14 CON. ASIST. SERV.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: Limpeza, roza e desherbado mecánico e/ou manual de gábias nos camiños propiedade do Concello de Cambre.

b) Lugar de execución: Municipio de Cambre.

c) Prazo de execución: Un ano desde o día seguinte á formalización do contrato en documento administrativo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: Urxente

b) Procedemento: Aberto.

c) Forma: Concurso.

4. Orzamento base de licitación.

0,2694 euros por metro lineal de doble gábia, IVE incluido.

O prezo anual fíxase na suma de 116.543,50 euros.

5. Garantía Provisional: Non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Cambre. Departamento de Contratación.

b) Domicilio: Adro, n.º 1.

c) Localidade e código postal: Cambre 15660.

d) Teléfono: 981-61-31-28 / 981-61-31-88.

e) Telefax: 981-67.40.31 .

f) Data límite de obtención de documentos e información: Ata as 14 horas do día anterior ó que remate o prazo para presenta-las proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: Non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: Acreditación da solvencia económica e financeira por medio dun informe dunha institución financeira, ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, e da solvencia técnica por medio dunha relación, subscrita polo licitador, dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: Das 9 ás 14 horas, ( 9 a 13 os sábados), dentro do prazo de oito días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: A documentación presentarase en dous sobres pechados:

-sobre A, subtitulado "Documentación Xeral", conterá a documentación esixida na cláusula 12.1 do prego.

-sobre B, subtitulado "Oferta Económica e Referencias Técnicas", conterá a proposición económica formulada de conformidade co modelo que figura no Anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares e maila documentación esixida na cláusula 12.2.2 do prego.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Concello de Cambre. Rexistro de Entrada, e art. 38.4 da Lei 30/92.

2º Domicilio: Adro, número 1

3º Localidade e código postal: Cambre, 15660.

d) Prazo de validez da oferta: tres meses, desde a apertura.

e) Variantes: Non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Cambre, (salón de sesións).

b) Domicilio: Adro, número 1.

c) Localidade: Cambre.

d) Data: oitavo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas, (agás os sábados, que pasará ó luns seguinte).

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións.

Departamento de Secretaría-Contratación, primeiro andar da Casa do Concello.

11. Despesas de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

12. Exposición dos pregos.

Poderanse examinar e obter copias no Departamento de Contratación (no primeiro andar da Casa do Concello), e máis na páxina web http//www.cambre.es/publicaciones , e presentar alegacións ós pregos no prazo de oito días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación deste anuncio de licitación no BOP.

Comentarios (0)

 

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.