Unable to get weather data from Google.
Service is offline.
![]() | Juguemos al fútbol Veces jugadas: 542 | |
![]() | Fifa World Cup Veces jugadas: 577 | |
![]() | Shoot Veces jugadas: 516 | |
![]() | Happy Memory Veces jugadas: 651 | |
![]() | Penguin Push Veces jugadas: 552 |
| ABERTO PRAZO DE PRESCRICIÓN PARA SOLICITAR PRESTACIÓN ECONÓMICA PARA MENORES DE 3 ANOS |
| Blogs - Asuntos sociales |
9789 hits |
| Escrito por Administrator | |
| Jueves, 03 de Abril de 2008 16:00 | |
|
prazo: do 4 de abril ao 13 de maio ambos inclusive requisitos: 1. estar residindo na comunidade autónoma de galicia 2. ter fillos nacidos entre o 2 de xaneiro do 05 e o 1 de xaneiro de 08, ambos inclusive 3. non superar no 06 os 22.000 euros a unidade familiar Axuda/Subvención: Prestación económica
de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano
2008. Organismo:
Vicepresidencia da
Igualdade e Benestar Beneficiarios: Poderán ser
beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores de
tres anos en 1 de xaneiro de 2008 (nacidos entre o 2-1-2005 e o 1-1-2008,
inclusives) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2006, nin elas
nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a
declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este
período. Quedan excluídas
aquelas unidades familiares cuxos ingresos, considerados de forma individual ou
conxunta segundo a opción de tributación elixida, superasen no exercicio 2006 os
22.000 euros, sumadas a parte xeral e especial da declaración do IRPF. No caso
de fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 de decembro de 2006 e o 31
de decembro de 2007, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á
data da inscrición da adopción ou do acollemento no Rexistro Civil. Cando non
sexa necesaria a
inscrición, a prestación concederase a partir da data da resolución xudicial ou
administrativa que a declare. - Nos supostos de
nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, o beneficiario da prestación
será o pai/nai que teña a custodia dos fillos/as, de acordo co establecido no
convenio regulador ou sentenza de separación ou divorcio. - En ningún caso
poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus
fillos/as, ou se a tutela ou garda fose asumida por unha institución
pública. - Os estranxeiros
que residan en Galicia poderanse beneficiar desta prestación sempre que cumpran
as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e
liberdades dos estranxeiros en
España e os requisitos establecidos nesta norma, e tivesen a condición de
contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do
imposto da renda das persoas físicas. - As persoas
beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei
9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Tipo de axuda e
contía: A prestación
consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos, sendo a
contía da prestación de 360 euros por cada un dos fillos/as, sen que o mesmo
fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta
convocatoria. Prazos: Do 4 de abril ao 14
de maio de 2008, ambos os dous incluídos. Presentación de
solicitudes: As solicitudes
dirixiranse á Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar e a presentación das
mesmas poderase facer por dúas vías:
a) Vía
escrita: A solicitude mais a
documentación requirida presentaranse no rexistro da Vicepresidencia da
Igualdade e do Benestar, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei
30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común. b) Vía
telemática: Publicación:
DOG
nº 64, 3 de abril de 2008 Comentarios (0) |
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.