|
Innovación e Industria pon en marcha o primeiro Plan Renove de fiestras
|
| (29/12/08) escrito por gelines |
| As axudas serán de 100 euros por metro cadrado de fiestra (ventana), non podendo superar o 25% do custo total da obra nin os 6.000 euros por vivenda unifamiliar. O Plan subvencionará as renovacións de fiestras dende o 1 de febreiro de 2009 até o 30 de xullo ou o remate dos fondos, e contará nesta primeira fase cun orzamento de 500.000 euros que, ascenderá a 1,5 millóns na vindeira campaña. Poderanse adherir ao programa todos aqueles instaladores ou empresas de venda de ventanas que o desexen, mediante o protocolo de adhesión dispoñible na web do Inega. Co orzamento de 500.000 euros deste ano estímase que cando menos 500 familias poderán aforrar o 30% do seu consumo anual en calefacción. + info en www.inega.es |
|
Milladoiro presenta o seu novo disco "A Quinta das lágrimas" no Teatro Colón da Coruña
|
| (24/11/08) escrito por gelines |
| O grupo musical Milladoiro presentará o seu novo disco “A Quinta das lágrimas” nun concerto que terá lugar mañán martes, 25 de novembro, ás 20 horas , no Teatro Colón da Coruña, baixo o patrocinio da Deputación da Coruña. O espectáculo, de carácter gratuíto , contará coa colaboración especial das cantantes Laura Amado e Mafalda Arnauth, e intégrase dentro do calendario de actividades programadas pola área de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
"A Quinta das lágrimas" será o vixésimo disco de Milladoiro, formación
musical con case 30 anos de traxectoria ás súas costas, gañadora de
múltiples premios e recoñecementos e auténticos embaixadores da cultura
galega en todo o mundo.
As invitacións gratuítas para asistir ao concerto poderanse recoller no despacho de billetes do Teatro Colón o mesmo martes, 25 de novembro, a partir das 10.00 da mañá . Fonte da nova Diputación da Coruña |
|
Concerto Contos en Cantos. Na Biblioteca Central de Cambre
|
| (12/11/08) escrito por gelines |
| Como colofón á semana de exposicións e actividades na Biblioteca Central de Cambre, o sábado 22 de novembro ás 12:00 horas celebrarase o CONCERTO CONTOS EN CANTOS , no Centro Sociocultural A Barcala, ao que están convidados nen@s, pais e docentes, para disfrutar en directo da actuación da autora e intérprete Almudena Janeiro , acompañada por músicos profesionais, os que enfiaremos contos e cantos, nun repertorio variado que anima ao uso da lingua galega, dun xeito natural e divertido. Boletín de Cambre. |
|
Obradoiros q son. Sala de exposicións da biblioteca central de Cambre
|
| (12/11/08) escrito por gelines |
| Obradoiros abertos ao público infantil, destinados a nen@s de 5 a 10 anos. Suxestións lúdico-didácticas para degustar o libro-cd-dvd Contos en cantos, percorrendo o mundo en galego a través de contos tradicionais de distintos países, nun espazo de aprendizaxe compartida, desde unha perspectiva ancorada na diversidade cultural. 1º grupo ás 17:30h, para nen@s de 5 a 7 anos. 2º grupo ás 18:30h, para nen@s de 8 a 10 anos. Duración: 50 minutos Participantes por sesión: máximo de 25 Para asistir haberá que inscribirse na Biblioteca Central de Cambre, ven persoalmente ou chamando ao teléfono 981 67 51 09, a partir do mércores 12 de novembro. Noticia do boletín de Cambre |
|
Exposición Imaxinoqo. Sala de exposicións da Biblioteca Central de Cambre
|
| (12/11/08) escrito por gelines |
| Do luns 17 ao venres 21 de novembro Sala de exposicións da Biblioteca Central de Cambre Un percorrido polo mundo da ilustración para nen@s que se pode ver nas publicacións de OQO, editora galega de literatura infantil galardoada con prestixiosos premios nacionais e internacionais. A mostra procura unha nova forma de mirar as imaxes e incorpora o propio libro como obxecto da exposición: composicións planas e tridimensionais que nacen do álbum, pechando así o proceso creativo con todo o seu valor artístico. Noticia do boletín de Cambre |
|
I Feria europea del Empleo, la llave de tu futuro
|
| (24/10/08) escrito por gelines |
| 6 y 7 de noviembre de 2008 Campus de Elviña, A Coruña Destinado a: Estudiantes universitarios y titulados universitarios Actividades: stands, mesas redondas, conferencias. Orientación laboral Inscripción previa y gratuita en www.feiraeuropeadeemprego.eu |
|
4ª edición de premios universidade da Coruña á excelencia académica no bacharelato
|
| (23/09/08) escrito por gelines |
| Concederánse un máximo de 43 premios, un por cada titulación oficial da Universidade da Coruña. O premio consistirá nun diploma acreditativo do mesmo, expedido polo Reitor Magnífico da Universidade da Coruña, e unha dotación económica de 732 euros brutos , que se aboará mediante cheque bancario a nome do interesado. O prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o día 1 e o día 31 de outubro de 2008, ata ás 14:00 horas . As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza, 15001 A Coruña, ou Campus de Elviña, 15071 A Coruña), ou no Rexistro da Vicerreitoría do Campus de Ferrol (Rúa Dr. Vázquez Cabrera, Esteiro, 15403 Ferrol). + info en www.udc.es/documentos/actualidade/arquivo3183.pdf |
|
Aministía Internacional pide tu colaboración urgente
|
| (08/08/08) escrito por gelines |
| Alrededor del próximo día 12 de agosto
dos jóvenes iraníes, Behnoud y Mohammad, de 20 y 21 años, pueden ser
ejecutados. Probablemente serán colgados de una grúa. Fueron condenados
a pena de muerte por delitos cometidos cuando eran menores de edad. Irán
es el país que más menores ejecuta, en contra de sus compromisos
internacionales y del derecho internacional. Sin embargo, ya se ha
conseguido incluso el perdón de otros sentenciados, como recientemente
en el caso de Saeed Jazee. Poder salvar las vidas de Mohammad y Behnoud es cuestión de muy poco tiempo , pero si actuamos juntos podemos lograrlo. Por eso te pido dos cosas: * Firma para salvar a Behnoud y a Mohammad * Reenvía este mensaje a tus contactos En nombre de Behnoud y Mohammad, recibe nuestro más sincero agradecimiento, |
|
Minicentrais e muíños a dedo: o saqueo do país non pode quedar impune
|
| (31/07/08) escrito por gelines |
| O informe do Consello de Contas pon de actualidade o que ADEGA e COGADER (Coordenadora Galega en Defensa dos Ríos) denunciaron xa hai anos: o escandaloso proceder dunha administración que utilizaba os nosos recursos naturais para o reparto de prebendas entre amigos, cuñados, etc . através da concesión irregular de encoros e parques eólicos. Foi xa que logo, un saqueo en toda regra. Mais ADEGA quere ir máis aló de esixir responsabilidades políticas e penais (que xa investiga o fiscal) aos culpábeis deste saqueo. O actual governo ten o deber de non ser cómplice deses manexos, e impedir que continúe tramitación de minicentrais concedidas irregularmente. Hai mecanismos como a caducidade ou o resgate das concesións, a revisión dos estudos e declaracións de impacto e mesmo a anulación das adxudicacións polos motivos que aponta o Consello de Contas, que a Xunta debería exercer para non ser cómplice dos manexos de Ordás Badía, Castro Valdivia, Fontenla, Paco Vázquez e demáis compaña. + info en www.adega.info |
|
Apoia coa túa firma a campaña de Unións Agrarias contra os abusivos marxes comerciais
|
| (15/07/08) escrito por gelines |
| Agricultores, gandeiros e consumidores unidos contra os abusos na cadea comercial. Prezos xustos para os nosos produtos. Os nosos productos perden cada vez máis valor, mentras que os consumidores pagan cada día máis. Só queda unha explicación: o aumento abusivo das marxes comerciais. ¿Quén son os perxudicados? Agricultores, gandeiros, e consumidores, todos somos vítimas da situación actual. Un autobús recorrerá 16 concellos en dúas semanas. Apoia coa túa firma a campaña de UPA, porque nos beneficia a todos. En tódalas as paradas se repetirá o seguinte programa de actividades: 10.30 h: Recepción e encontro con colectivos afectados polas subas dos prezos. Máximo 15 persoas. Interior Autobús. 11.30h: Rolda de Prensa. Máximo 15 persoas. Interior Autobús. 12.00h: Reparto de productos. Máximo 200 persoas, ordeadas por filas. + info en www.unionsagrarias.org firmas en www.preciosjustos.es |